Cargando resultados...
O ADN confirma que o cadáver localizado en Porto do Son o día de Reis é da muller desaparecida en Portugal
O ADN confirma que o cadáver localizado en Porto do Son o día de Reis é da muller desaparecida en Portugal
A autopsia descarta indicios de criminalidade
Trátase dunha muller venezolana que levaban buscando desde o 29 de decembro

G24.gal
13/01/2025 16:33
O ADN confirma que o cadáver localizado o día de Reis en Porto do Son é o da muller desaparecida a finais de ano en Esposende, en Portugal.
O corpo fora atopado por un particular no areal da Arnela. Xa daquela sospeitábase que puidera pertencer á muller venezolana que desde o día 29 de decembro buscaban no país veciño.
A autopsia descarta indicios de criminalidade.