Cargando resultados...
Nadal pasa o rolo diante de Gasquet
Só cedeu un xogo nos dous primeiros sets e xa está en oitavos de final
Alcaraz tamén empregou tres roldas para resolver o seu partido

G24.gal
04/09/2022 09:59
Rafa Nadal pasou o rolo diante do francés Richard Gasquet ao que derrotou en tres sets. Nas dúas primeiras mangas o seu nivel foi espectacular cedendo un só xogo (6-0, 6-1). O terceiro set foi máis sufrido pero Nadal conseguiu desnivelalo xusto antes de ir ao tie break (7-5).
Tamén en tres sets se impuxo Carlos Alcaraz. O murciano derrotou a Brooksby cun triplo 6-3 amosando un xogo moi sólido. Alcaraz enfrontarase ao croata Cilic nos oitavos de final e Nadal a Tiafoe.