Cargando resultados...
Nas Baleares comeza o debate de investidura, que rematará coa elección de Marga Prohen
Tras o acordo entre PP e Vox, a candidata popular, será investida na segunda votación, que se celebrará este xoves

G24.gal
03/07/2023 20:37
Última actualización 03/07/2023 20:55
E nas Illas Baleares comezou este luns o debate de investidura co discurso da candidata do Partido Popular Marga Prohen, que será investida presidenta tras o acordo entre o PP e Vox.
Pero non será na primeira votación, porque os de Abascal votarán en contra. A candidata do PP terá que esperar ao xoves, porque na segunda votación ten asegurada a maioría simple necesaria grazas a que Vox cambiará o voto en contra pola abstención.