Publicador de contidos

Publicador de contidos

No Celta non queren confianzas diante dun Rácing de Santander en horas baixas

No Celta non queren confianzas diante dun Rácing de Santander en horas baixas

O partido xógase no Sardinero o domingo ás 15:30 horas

G24.gal 04/01/2025 13:25 Última actualización 04/01/2025 15:05

O Celta afronta cita dos dezaseisavos de final da Copa do Rei sen ningunha confianza diante dun Rácing de Santander que se atopa en horas baixas despois de sumar un só punto dos últimos quince na Liga pero que viña realizando ata ese fatídico mes de decembro unha gran temporada. 

Claudio quere meter o equipo nos oitavos de final, o momento da verdade para esta competición porque a partir dese intre os rivais, con moita probabilidade, xa van ser de Primeira División e comeza o baile para entrar nas tan apetecibles roldas finais. 

Volve á lista Jailson, unha convocatoria na que tamén estará Yoel Lago, o único habitual do Celta Fortuna que entra na lista. Fer López continúa avanzando na recuperación pero aínda lle quedan un par de semanas, como pouco, para poder estar en condicións de seren convocado. 

Claudio recoñeceu que falou con Douvikas e que o atacante grego pediu saír do club. O adestrador quere seguir contando con el.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos