Cargando resultados...
Novas probas no caso Madeleine McCann
Os investigadores atopan restos que poderían pertencer á nena na furgoneta do principal sospeitoso

G24.gal
04/05/2022 20:27
Última actualización 04/05/2022 20:39
Os investigadores do caso Madeleine McCann atoparon novas probas na furgoneta do alemán Christian Bruckner, principal sospeitoso da desaparición da nena.
Segundo publica a prensa británica, trataríase de fibras do pixama que levaba posto a cativa, de tres anos, o día que desapareceu do apartamento do Algarve portugués.
Cando está a piques de prescribir o caso, é a primeira vez que se atopa algunha proba física que podería pertencer á nena.