Cargando resultados...
Novo golpe ao marisqueo en Ferrolterra por mor da toxina lipofílica
Estanse realizando novas analíticas e, polo momento, descoñécense cando volverán á zona do Couto
G24.gal
16/05/2023 15:05
Última actualización 16/05/2023 15:23
A toxina lipofílica obrigou a pechar temporalmente as bateas da ría de Ares e a do porto exterior de Ferrol e, desde as confrarías de Barallobre e Ferrol, sinalan o Concello de Neda como o responsable.
Estará pechada polo menos unha semana, que será cando obteñan os resultados da nova analítica.
Un peche que está a afectar uns corenta mariscadores, de embarcación e a pé, das confrarías de Ferrol e Barallobre que, desde mediados de xaneiro teñen que levar o produto capturado depurar á batea do porto exterior de Ferrol.
Agora, a apertura da zona do Couto vai depender, segundo os expertos, da climatoloxía, sobre todo do vento, e tamén das correntes.