Cargando resultados...
A afasia retira o actor Bruce Willis do cine aos 67 anos
A enfermidade está afectando as súas capacidades cognitivas

G24.gal
30/03/2022 19:19
O actor estadounidense Bruce Willis, protagonista de películas de éxito como A xungla de cristal, retírase do cine aos 67 anos ao serlle diagnosticada afasia.
A afasia é unha doenza que implica perda na capacidade para expresarse e que afecta tamén a capacidade de comprensión.
A súa familia deu a noticia nas súas redes sociais compartindo os problemas de saúde recentes de Willis o que fai, din, "que Bruce se afaste da carreira que tanto significou para el".
Empezou na comedia pero foi en 1987 coa película de acción A xungla de cristal, cando alcanzou a fama e xa non parou de traballar. Neste 2022 ten 11 películas por estrear.