Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Balonmán Porriño métese de cheo na pelexa pola cuarta praza

O Balonmán Porriño métese de cheo na pelexa pola cuarta praza

Gañoulle por 29-25 a Aula de Valladolid, equipo co que iguala a 25 puntos á procura da vantaxe de campo nas eliminatorias polo título

G24.gal 16/02/2024 22:26

O Conservas Orbe Rubensa Porriño métese de cheo na pelexa pola cuarta posición na fase regular da Liga Guerreras logo de impoñerse a un rival directo como o Aula Cultural de Valladolid (29-25). 

Era un partido vital para as porriñesas. O encontro respondeu ás expectativas e foi dunha grande igualdade. O Porriño tivo vantaxes de ata tres goles no segundo tempo (21-18) pero o Aula remontou e conseguiu poñerse por diante (22-23) a quince minutos do final. 

Un dobrete da capitá Sarai Samartín, autora de seis tantos, puxo o 27-24 e deulle a tranquilidade necesaria ao Porriño nos últimos minutos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade