Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Barcelona viaxa a Lisboa para asegurar o pase ao Top 8 da Champions

O Barcelona viaxa a Lisboa para asegurar o pase ao Top 8 da Champions

O Atlético, que gañou os tres últimos partidos, recibe o Leverkusen noutro encontro vital para evitar unha eliminatoria

G24.gal 20/01/2025 20:00

Entramos nas dúas últimas xornadas da fase de grupos da Liga de Campións. E todos os equipos apuran as súas opcións de entrar no famoso Top 8, ese que permite evitar unha eliminatoria e te coloca directamente nos oitavos de final. 

O Liverpool é o único equipo que ten garantida a súa presenza entre os oito mellores. O Barcelona pode ser o segundo que o consiga no caso de lograr a vitoria no campo do Benfica. O partido xogarase este martes ás 21:00 horas. O equipo portugués, no que xoga o ferrolán Álvaro Carreras, tamén ten posibilidades de meterse nese Top 8, pero precisan gañar nas dúas últimas xornadas. 

Flick referiuse ao partido do Xetafe e ao penalti que non lle asubiou o árbitro. Para o alemán foi "clarísimo" aumentando o nivel de polémica cos colexiados que comezou o xoves no partido de Copa no Bernabéu. 

Atlético de Madrid e Leverkusen disputan no Metropolitano un partido fundamental para esquecerse desa primeira eliminatoria. Os de Xavi Alonso son cuartos con 13 puntos. O Atlético é undécimo, pero só ten un punto menos. Unha vitoria atlética daríalle a volta á clasificación e deixaría os de Simeone nunha inmellorable situación de cara á última xornada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade