Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG e o PSdeG piden unha renovación do Consello Galego da Competencia polo caso Monbus

O BNG e o PSdeG piden unha renovación do Consello Galego da Competencia polo caso Monbus

O presidente da Xunta di que a xustiza non cuestionou o proceso de concesión da Xunta, senón condena decisións individuais entre empresas

G24.gal 23/03/2023 16:04 Última actualización 23/03/2023 16:36

O BNG e o PSdeG piden unha renovación do Consello Galego da Competencia, logo de que o Tribunal Superior de Galicia lle ordenara abrir un expediente sancionador ás empresas Monbús e ALSA.

Entende que hai indicios de que repartiron o mercado e que o Consello non actuou con dilixencia. Estes grupos políticos urxen tamén a Xunta a vixiar o cumprimentos dos contratos do transporte.

Paloma Castro, PSdeG
Paulo Ríos, BNG

Tanto socialistas como nacionalistas entenden que hai indicios de que Monbús e Alsa repartiron o mercado e que o Consello non actuou con dilixencia.

Estes grupos políticos urxen tamén a Xunta a vixiar o cumprimentos dos contratos do transporte.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, di que o TSXG non se refire ao proceso de concesión que fai a Xunta, senón que se refire a decisións individuais entre empresas.

Rueda engadiu ademais que a Xunta non pode entrar na apertura ou non de expedientes, xa que a Comisión Galega da Competencia é un órgano "independente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos