Cargando resultados...
O Burela de fútbol sala traballa arreo para arranxar unha situación económica "complicada"
O presidente mantén conversas para atopar patrocinadores que manteñan a viabilidade do club
"Estaría mentindo si digo que non hai preocupación", dixo a capitá Dany Domingos
G24.gal
14/01/2025 14:59
A marcha do principal patrocinador, Pescados Rubén, deixou a Burela nunha situación económica "complicada" tal e como recoñece o seu presidente Manuel Blanco. Desde a directiva están realizando infinidade de xestións para manter a viabilidade do club.
A capitá Dany Domingos confesou que dentro do plantel hai "preocupación". Xa son varias mensualidades sen cobrar para o mellor equipo de fútbol sala feminino en España da última década.