Protocolo antisuicidios para a autora confesa do crime de Cortegada
Pasou a súa primeira noite en prisión e estivo soa na cela por mor da corentena sanitaria

A autora confesa do crime de Cortegada pasa a súa primeira noite no cárcere do Pereiro de Aguiar. Estivo soa na cela por mor da corentena sanitaria e supervisada en todo momento polos funcionarios. A prisión aplicoulle o protocolo antisuicidios.
Non se ratificou diante da xuíza na confesión espontánea que fixera días atrás. Dixo que asfixiara o home tras administrarlle pastillas e que despois queimou o corpo e se desfixo dos restos. A xuíza enviouna igualmente a prisión.
Apareceron varias probas na vivenda e terreos lindeiros, o móbil da vítima José María, un veciño de Castelldefels de 53 anos apareceu no encoro de Cortegada. Contactara con el por Internet.