Cargando resultados...
O Celta asina os mellores números dunha primeira volta dos últimos sete anos
Claudio Giráldez quedou a un só punto do rexistro marcado por Unzué na temporada 17-18
G24.gal
12/01/2025 15:27
O Celta marchou de Vallecas cunha derrota pero coa mellor primeira volta das últimas sete temporadas na mochila. 24 puntos. Con Balaídos como factor determinante, seis vitorias e dous empates. E cos partidos a domicilio no capítulo de contas pendentes.
Porque cando sae de Vigo a este Celta se lle torce o tino, 30 veces tirou a porta en Vallecas pra un so gol, o de Borja. E mesmo a sorte arbitral se lle volve esquiva. E por aí pasa a melloría, a ilusión de pechar unha gran temporada. Así que si se preguntan polos desexos deste Nadal, xa saben o que este equipo lle pediu o Santa Claus celeste.