Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta atópalle acomodo a Bamba no Chicago Fire

O Celta atópalle acomodo a Bamba no Chicago Fire

Tadeo Allende e Luca de la Torre tamén xogarán desde este mes de xaneiro na MLS dos Estados Unidos

G24.gal 20/01/2025 19:24

O Celta atopou un filón no mercado da Major League Soccer. A marcha de Tadeo Allende ao Inter de Miami xa é oficial. E nas vindeiras horas faranse as operacións de Luca de la Torre ao San Diego e a de Jonathan Bamba ao Chicago Fire. 

O acordo entre os dous equipos é total e tamén co xogador de Costa do Marfil, que estaba a ter un papel residual no cadro celeste. O Celta líbrase dunha das fichas máis altas do cadro de xogadores porque hai ano e medio o internacional por Costa do Marfil chegou libre. 

Viña como estrela da man de Luis Campos, pero non acreditou esa condición. Foron 41 partidos e 5 goles os que marcou coa camisola celeste, dous deles na Copa do Rei. En Francia era un dos referentes do Lille campión de liga. En Vigo acabou como un extremo de rotación que non conseguiu facerse cun posto de titular indiscutible. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos