O Celta é o quinto peor equipo como visitante
As 6 derrotas a domicilio reflicten outro déficit grave: 17 goles encaixados, fronte aos 7 a favor
O Celta é o quinto peor equipo a domicilio. Catro puntos de 24 posibles, é o escaso botín rescatado da épica vitoria nas Palmas con nove xogadores e o empate no Benito Villamarín. Malos números fóra que non mudaron no Pizjuán malia as boas sensacións en canto a xogo.
Sendo diferentes, no seu conxunto as 6 derrotas a domicilio reflicten outro déficit grave: 17 goles encaixados, fronte aos 7 a favor. 3 derrotas foron contra equipos da zona media alta: Vilarreal, Osasusa e Athlétic Club. E as outras 3 ante Sevilla, rival directo neste momento, Leganés e Español, en descenso. 4 puntos a domicilio que contrastan cos 17 logrados en Balaídos.
Para estar máis arriba, o camiño do Celta pasa por ser máis regular lonxe de Balaídos.