Cargando resultados...
O Celta repite o inicio irregular das últimas temporadas
G24.gal
31/10/2022 15:58
Última actualización 31/10/2022 16:04
O Celta está en crise de xogo e de resultados, pero se botamos a vista atrás, comprobaremos que este irregular inicio xa se está facendo habitual nas últimas temporadas.
Nesta temporada o Celta suma 11 puntos en 12 xornadas.
Os mesmos números acadou Coudet xusto a temporada pasada.
Na 20-21, Óscar foi destituído na novena xornada. Só acadara daquela 7 puntos.
Un ano antes, Escribá foi destituído nesta xornada número 12. O Celta estaba en descenso con só 9 puntos.
Na 18-19, Mohamed tamén foi sentenciado na duodécima xornada. Daquela o mexicano abandonou o barco con 14 puntos.