O Celta viaxa a Vitoria para poñer fin á peor serie da temporada
Encadea tres derrotas consecutivas e na Liga só puido sumar tres dos últimos doce puntos
O partido poderá verse en directo pola Televisión de Galicia e agalega.gal este luns ás 21:00 horas
O Celta e o Alavés pechan en Mendizorrotza este luns (21:00 horas) en directo pola Televisión de Galicia e por agalega.gal a xornada 21 da Primeira División. Será un partido moi especial para o adestrador local, Eduardo Coudet, que estivo unha temporada como xogador e tres como adestrador do Celta.
Os de Claudio Giráldez queren rachar a mala xeira de tres derrotas seguidas. En Liga contra o Raio (2-1) e o Athlétic (1-2) e na Copa contra o Real Madrid (5-2). Todos os encontros sen Iago Aspas, mancado, e que tampouco poderá estar na lista de convocados esta xornada. O Celta conseguiu 3 dos últimos doce para un total de 24, catro máis que o rival deste luns. Un triunfo no feudo do Alavés permitiríalle achegarse aos postos europeos.
Ademais de Aspas tampouco estarán na lista de convocados o tamén mancado Alfon nin o sancionado Óscar Mingueza, que cumprirá o primeiro dos dous partidos de sanción.
🩵 A lista de convocados do @RCCelta para o partido diante do @Alaves
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) January 26, 2025
⬆️ Marcos Alonso, Jailson, Fer López, Marc Vidal
⬇️ Aidoo, Manquillo, Mingueza, César
📺📲 Luns, 21:00 horas @TVGalicia e https://t.co/FUjcNTBaWg pic.twitter.com/hysK03GSJh
Na lista de convocados volven Marcos Alonso, Jailson, Fer López e Marc Vidal como terceiro porteiro. Caen Mingueza, sancionado, Manquillo, Aidoo e César.