O CGAC expón un percorrido pola obras de Antón Lamazares
50 anos de pintura que poden contemplarse ata o mes de maio
Do Cántico espiritual de San Juan de la Cruz, pintado no alfabeto particular de Antón Lamazares, unha das súas últimas obras, ás pinturas coloristas dos anos 70 realizadas cando decide vivir da pintura ou morrer.
No medio hai 50 anos de traballos que se poden percorrer agora no CGAC.
Nese andar apréciase a súa evolución e tamén os seus elementos recorrentes. Esa poesía do 2023, a palabra e a letra están presentes case desde os inicios.
"Neste cadro eu vexo una sopa de letras dentro dunha cabeza", describe Antón Lamazares.
Ese arraigamento á letra acaba na creación do que chama o alfabeto Delfín.
"Ese alfabeto era necesario para botarlle misterio á obra", asegura o pintor.
Como a palabra, as cruces e a aldea son tamén presenzas habituais nos seus cadros.
A aldea a través das cores: escuras porque canda pequeno non tiña luz, pero tamén cheas de brillo, cando os camiños se enchen de flores, ou verdes, con todos os seus matices, se as leiras se ven desde o aire.
Este é Antón, e este tamén. O pintor que ocupa ata maio o CGAC enteiro prefire que volvamos ao autorretrato, para que sexan os cadros os que falen por el.