Cargando resultados...
O Congreso do Perú volve rexeitar o adianto electoral
Era a novena proposta para celebrar as presidenciais este ano e realizar un referendo para unha Asemblea Constituínte

G24.gal
03/02/2023 07:43
O Congreso peruano volveu rexeitar o adianto das eleccións. Era a novena proposta para celebrar as presidenciais este ano e realizar un referendo para unha Asemblea Constituínte.
Mentres, dous meses despois da detención de Pedro Castillo, o país segue sumido nunha convulsión social e política. Os mortos nas protestas achéganse aos 60.
A presidenta Dina Boluarte asegura que non ten pensado dimitir e ceder á chantaxe política.