Cargando resultados...
O Consello Xeral do Poder xudicial, aberto a novas candidaturas para a súa presidencia
O pleno para elixir presidencia retomarase este martes

G24.gal
02/09/2024 21:55
O Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPX) para elixir a presidencia da institución continuará este martes, tras decidir este luns abrir a lista de candidaturas para presidir o Tribunal Supremo e o órgano de goberno dos xuíces.
Fontes xurídicas informan de que tras tres horas de reunión, ningunha das sete candidaturas alcanzou os apoios necesarios, é dicir, que nin os conservadores nin os progresistas ceden para acordar un nome, polo que este martes retomarán o pleno coa intención de evitar chegar ao acto de apertura do Ano Xudicial, que preside o rei, sen elixir a presidencia.