Cargando resultados...
O Coruña de hóckey pode facer historia meténdose na Final a Catro da Champions
O partido de volta dos cuartos de final ante o Massamá portugués poderá verse este sábado na G2
G24.gal
04/04/2024 20:34
Á beira de Riazor, onde máis lle presta, xoga o Hockey Club Coruña o pase á final a catro da Champions europea este sábado. Abóndalle con facer valer a vitoria por dous a cero na pista do Massamá portugués na ida dos cuartos de final. No seu primeiro ano de vida, tras escindirse do Liceo, o cadro herculino está a un paso de facer historia.
Abril tráelles un bo feixe de emocións intensas. Tamén se meteron na fase final da Copa da Raíña. A Televisión de Galicia acompañará o sábado o asalto das herculinas á fase final continental.