Publicador de contidos

Publicador de contidos

O estaleiro vigués Armon constrúe o primeiro transbordador eléctrico de España

O estaleiro vigués Armon constrúe o primeiro transbordador eléctrico de España

Non emitirá emisións contaminantes nos portos e contará cun laboratorio de hidróxeno verde

G24.gal 28/09/2022 16:08

O Cap de Barbaría navegará cara á sostibilidade. É o primeiro transbordador de propulsión eléctrica de España, construído por Armón para a navieira Balearia. Este innovador buque de 83 metros de eslora, non emitirá emisións contaminantes nos portos. 

Tamén é pioneiro na incorporación dun laboratorio de probas para o uso do hidróxeno verde. Fará a ruta entre Eivisa e Formentera e pode transportar 350 pasaxeiros e 14 camións. Unha aposta pola descarbonización e unha experiencia diferente. 

Esta tarde o Cap de Barbaría estrearase no mar. Non será a última encarga de Balearia, que ten previsto confiar no naval vigués para renovar a súa frota.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos