Cargando resultados...
O euríbor sobe e acada unha media do 3,6%
O indicador subiu todos os días hábiles de abril menos tres

G24.gal
19/04/2023 18:45
O euríbor a doce meses, o indicador máis utilizado para calcular as cotas hipotecarias, segue subindo e alcanza unha media no que vai de abril do 3,673 %, mentres as expectativas sobre os tipos de xuro volven virar á alza tras a crise que sufriu o sector financeiro.
O indicador subiu todos os días hábiles de abril menos tres, non baixou da cota do 3,5 % en taxa diaria e este martes rozou o 3,8 %.
O previsible é que a tendencia se manteña e abril converterase no décimo sexto mes consecutivo en que o euríbor sobe, xa que as previsións de baixadas de tipos de xuro esvaecéronse tras a mellora da confianza no sector financeiro.