Cargando resultados...
O exministro Miñones deixa a súa acta no Congreso
Agárdase que a SEPI o propoña como presidente de Mercasa

G24.gal
09/04/2024 15:41
Última actualización 09/04/2024 16:06
O que foi ministro de Sanidade e delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, deixou a súa acta como deputado no Congreso.
Este martes, 9 de abril, presentou un escrito á mesa da cámara baixa no que comunica a súa renuncia.
Prevese que a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) propoña a José Miñones como presidente de Mercasa, empresa pública de xestión e información da cadea alimentaria.