O fiscal xeral cualifica de "axeitada" a decisión de retirar a acusación contra o que foi xefe de seguridade do Adif
O fiscal xeral cualifica de "axeitada" a decisión de retirar a acusación contra o que foi xefe de seguridade do Adif
Álvaro García Ortiz defende que non houbo ningunha "inxerencia" da Fiscalía Xeral no xuízo do caso Alvia
O fiscal xeral do Estado cualifica de "axeitada" a decisión do fiscal do caso Alvia de retirar a acusación contra o exxefe de seguridade do Adif. Álvaro García Ortiz defende que non houbo "inxerencia", senón "coherencia", no xuízo e destaca o absoluto respecto ás vítimas do fiscal Mario Piñeiro.
"O labor da Fiscalía foi, neste caso, perfectamente defendida polo fiscal Mario Piñeiro. Tamén foi perfectamente coherente. Creo que chega con escoitar as súas palabras, a forma de dicilo e os razonamentos que fixo para entender que non houbo ningunha inxerencia da Fiscalía Xeral, pero ademais a postura da Fiscalía foi coherente, en todo caso, e durante toda a instrución", afirma Álvaro García Ortiz, fiscal xeral do Estado.