Cargando resultados...
O G7 estuda introducir topes aos prezos da enerxía para reducir a volatilidade dos custos
Acordaron novas medidas para garantir a subministración de enerxía
Os líderes mundiais están reunidos en Alemaña

G24.gal
28/06/2022 21:32
Última actualización 28/06/2022 21:40
Os líderes do G7 reunidos en Alemaña acordaron novas e urxentes medidas para garantir a subministración de enerxía.
Para reducir a volatilidade dos custos, estudan fixar límites aos prezos enerxéticos co fin de reducir esta fonte de ingresos para Rusia pola vía da exportación de hidrocarburos, e minimizar así o impacto negativo da inflación.
Tamén subliñan a disposición do grupo para estabilizar e transformar a economía mundial mentres afrontan o aumento do custo da vida para os cidadáns.
Fontes próximas aos líderes mundiais salientan que vai en aumento a preocupación polo custo da guerra de Ucraína nas súas economías.