O galego César Portela gaña a Medalla de Ouro da Arquitectura
O xurado salienta a solidez da súa traxectoria e a súa proxección internacional

O arquitecto galego César Portela é o novo gañador da Medalla de Ouro da Arquitectura, a distinción máis importante que concede a profesión, pola solidez da súa traxectoria e a súa proxección internacional.
Instituída polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España en 1981, este galardón recoñece o esforzo das persoas e institucións "que ennobrecen o quefacer arquitectónico co seu labor".
O xurado valorou a “solidez” da traxectoria profesional de Portela “como un referente galego para as novas xeracións, tanto na arquitectura como no urbanismo”. Tamén salientaron o seu traballo “localista, que supera o seu ámbito natal para proxectarse internacionalmente”.