Cargando resultados...
O 'Galicia en goles', na festa do ascenso do Amarelle
O conxunto coruñés regresa á máxima categoría un ano despois

G24.gal
04/06/2022 20:28
Última actualización 04/06/2022 20:41
O conxunto coruñés viviu unha tarde de ledicia no Pavillón da Sagrada Familia tras derrotar por 4 a 2 ao Alcantarilla e regresar á elite un ano despois.
Alí estivo o Galicia en goles e baixou a pé de cancha en canto se asubiou o final do encontro. O adestrador e varias xogadoras analizaron o partido e o éxito do obxectivo acadado.
O técnico Jorge Basanta foi claro.
"Sufrimos, ía ser un partido competido. O seu segundo gol fíxonos moito dano pero no segundo tempo saímos a por todas e démoslle a volta. Son moi boas, díxenlles que debían crer e confiar en darlle a volta ao resultado"