Publicador de contidos

Publicador de contidos

As comunidades do PP e o socialista Page rebélanse contra o modelo de financiamento que propón o Goberno

As comunidades do PP e o socialista Page rebélanse contra o modelo de financiamento que propón o Goberno

O Executivo di que está disposto a revisar o financiamento autonómico, "para todas as comunidades autónomas, non para unha en concreto"

María Jesús Montero, ministra de Facenda
G24.gal 14/06/2024 16:23 Última actualización 14/06/2024 20:30

O temor a que o Goberno impulse un financiamento especial para Cataluña uniu este venres en contra a baróns do PP como os presidentes de Andalucía, Juanma Moreno, ou Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e ao presidente de Castela-A Mancha, o socialista Emiliano García-Page.

As reaccións precipitáronse despois de que a ministra de Facenda, María Jesús Montero, adiantase este xoves que o Goberno quere impulsar unha "reforma global" do modelo de financiamento autonómico que atenda as "singularidades" de territorios como Cataluña.

O presidente da Generalitat en funcións, Pere Aragonès, insistiu este venres en reclamar un financiamento "singular".

Esquerra Republicana di que esta proposta é insuficiente, que queren unha cota semellante á vasca ou navarra.

Outras comunidades, como Castela-A Mancha, gobernada polo socialista García Page, aseguran que non consentirán as diferencias entre comunidades.

O Goberno galego reclama que a reforma do sistema de financiamento se negocie entre todas as comunidades.

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, pide que se convoque o Consello de Política Fiscal e Financeira.

O Goberno intenta tranquilizar: a revisión sería para todas as comunidades

Fronte ás reaccións en contra, o ministro de Transportes, Óscar Puente, tratou de explicar este venres que o Goberno está disposto a revisar o financiamento autonómico, "pero para todas as comunidades autónomas, non para unha en concreto”.

E a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, sen querer opinar "sobre modelos de financiamento partidarios", si que se sumou á reflexión de que "o financiamento autonómico é unha materia clave que leva gardada nun caixón demasiados anos" e desexou que se aborde na actual lexislatura, igual que a reforma fiscal.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade