O Goberno confía en que o sistema xudicial sexa "leal" e aplique a lei de amnistía
Recalcou que neste país quen ten que capacidade de lexislar son as Cortes Xerais

A vicepresidenta primeira, María Jesús Montero, dixo este xoves que confía en que o sistema xudicial sexa "leal" e aplique a lei de amnistía nos termos en que foi aprobada no Congreso, xa que, na súa opinión, están "bastante claros" e "non caben moitas interpretacións".
Así o asegurou nunha entrevista en RNE, ao ser preguntada pola negativa dos fiscais a amnistiar os delitos de malversación ao expresident Carles Puigdemont e a parte dos condenados polo procés.
"Eu confío en que o sistema xudicial vai ser leal ao que o lexislativo expuxo, porque non pode ser doutra maneira", asegurou antes de recalcar que neste país quen ten que capacidade de lexislar son as Cortes Xerais. E unha vez aprobadas as normas, continuou, correspóndelle ao sistema xudicial adoptar a "vontade política, máis aló de que os que o teñen que executar poidan compartir ou non".