Publicador de contidos

Publicador de contidos

O GPS volve atrapar un camión estranxeiro nunha zona sen saída, esta vez en Corrubedo

O GPS volve atrapar un camión estranxeiro nunha zona sen saída, esta vez en Corrubedo

O tráiler de matrícula checa e conducido por un home ucraíno quedou atrapado na zona rochosa do Corgo

Este sábado pola mañá deu saído coa axuda dun tractor cun guindastre

G24.gal 25/01/2025 11:23 Última actualización 25/01/2025 18:54

Un camión, con matrícula checa, de grande tonelaxe quedou atrapado onte á noite na zona de Corrubedo.

O condutor de nacionalidade ucraína, ao parecer guiado polo GPS, seguiu conducindo por unha pista de terra, despois de que rematara a pista asfaltada ata que se atopou coa zona rochosa, case á beira do mar.

O condutor, segundo explicou axudado dun tradutor dixital, porque non falaba nin galego nin español e malamente inglés, dirixíase a cargar mercadoría a unha fábrica da zona de Corrubedo, pero guiado polo GPS rematou coa cabeza tractora encallada na zona rochosa con herba.

Foi o propio home quen pediu axuda co teléfono, malia que ata alí se desprazáronse axiña veciños da contorna aos que lles chamou a atención a situación do camión.

Para auxiliar o condutor achegouse a Policía Local e Nacional, pero dado temporal que había na zona onte á tardiña e que xa se facía de noite prepararon o dispositivo de rescate para este sábado pola mañá.

Un tractor con guindastre lograba rescatar o camión pasadas as dez da mañá.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar