Cargando resultados...
Constantes atrancos de camións nunha parroquia de Pontevedra polas indicacións do GPS
Ninguén respecta os sinais de restrinxido a veciños e os GPS indican mal
G24.gal
12/04/2024 14:08
Os veciños do pequeno núcleo de Leborei na parroquia pontevedresa de Cerponzóns están fartos de ver como os camións quedan encaixados entre as casas seguindo as indicacións do GPS.
Non é o único problema que teñen xa que ninguén respecta os sinais de tráfico restrinxido aos veciños: moitos repartidores usan pista como atallo e tamén o fan os que acoden a unha sala de festas de maiores próxima para evitar os controis de alcoholemia. O descontrol é tal que tamén algúns fan derrapaxes na contorna.
Poucas cousas hai tan inútiles en Leborei como os sinais de tráfico restrinxido que ninguén respecta.