O Hematocrítico, a título póstumo, e Luís Zahera reciben a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes
O Hematocrítico, a título póstumo, e Luís Zahera reciben a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes
Os Reis entregan os galardóns do mundo da cultura nun acto en Sevilla

Os reis entregaron este mediodía en Sevilla as medallas de Ouro ao Mérito nas Belas Artes. Galicia estivo representada polo escritor e creador de contidos Miguel Ángel López, o Hematrocrítico, que recibiu o galardón a título póstumo e que recolleu emocionada a súa parella a escritora, Ledicia Costas. Tamén foi galardoado o actor Luís Zahera. O Rei agradeceu o labor de todos os premiados.
"Son un premio ao voso traballo e un testemuño da sociedade madura, inqueda e tolerante que sabe valoralo. Permitídeme que, xunto coa nosa profunda admiración, a raíña e mais eu vos fagamos chegar o agradecemento de todos os españois por todo o que nos dades".