Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Hóckey Coruña queda eliminado da Copa no último suspiro da prórroga

O Hóckey Coruña queda eliminado da Copa no último suspiro da prórroga

O partido de cuartos de final decidiuse a prol do Vila Sana cun solitario gol de Felamini a dous minutos do final da segunda parte do tempo suplementario

G24.gal 18/04/2024 22:16

A aventura copeira do Hóckey Coruña tocou á súa fin na rolda de cuartos de final. Fixo un grande exercicio defensivo diante do poderoso Vila Sana, pero acabou caendo na prórroga (1-0). 

Estivo moi serio o conxunto coruñés, sen cometer faltas e tapando todas as vías de xogo ofensivo dun Vila Sana que ocupa o terceiro posto na OK Liga Iberdrola e ten o segundo mellor ataque da categoría con grandes estrelas como Luchi Agudo. 

O encontro parecía encamiñado á quenda de penaltis ata que a italiana Flor Felamini atinou cun disparo cruzado que sorprendeu a unha Ari Escalas que estivo perfecta ao longo do partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade