O k4 de Arévalo e Germade, pola gran final
Os españois quedaron de terceiros e aseguráronse a praza na loita polas medallas
Fixeron uha carreira conservadora onde non tiveron problemas para clasificar

Soan os tambores. O K4 de Saúl Craviotto, Carlos Arévalo, Marcus Cooper e Rodrigo Germade está na gran final polas medallas deste venres. A semifinal foi un trámite que resolveron quedando no terceiro lugar. Semellou que os españois non forzaron demasiado e preferiron gardar forzas.
O k4 español centrouse en controlar as padexadas, manter un ritmo constante e non gastar forzas innecesarias. O obxectivo era entrar na final e quedar entre os catro primeiros chegaba para conseguilo. Australia e Serbia apertaron moito máis e quedaron por diante.
Pero os catro postos aseguraron o mesmo. O momento de dalo todo é este venres na gran final. Esa coa que os españois levan catro anos soñando. Colgarse a medalla ao pescozo está máis preto, e Arévalo e Germade podenlle dar dous metais máis a Galicia.