Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo recibe unha dura goleada na pista do Oliveirense (5-1)

O Liceo recibe unha dura goleada na pista do Oliveirense (5-1)

O local Lucas Martínez marcou unha tripla xusto antes do descanso

G24.gal 26/01/2023 23:25

Comezou mal o traxecto do Liceo na Champions de hóckey sobre patíns. Perdeu por 5-1 na pista do Oliveirense, o equipo co que en boa lóxica tería que pelexar pola segunda praza do grupo. 

O partido comezou moi disputado, cun penalti transformado polo local Tomás Pereira ao que respondeu con outra pena máxima César Carballeira. Non estaba a ser superior o Oliveirense, pero apareceu Lucas Martínez, que, con tres goles nun abrir e pechar de ollos, deixou o partido moi costa arriba para os intereses do Liceo. 

Na segunda parte o Liceo tentou acurtar distancias pero foi Xavi Cardoso o que marcou o definitivo 5-1 a prol dos portugueses. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade