Cargando resultados...
O Liceo prepara a súa cita histórica en Europa
O sábado xoga a ida dos cuartos de final da Champions diante do Palau
Foto Liceo Hóckey
G24.gal
28/03/2023 14:39
Última actualización 28/03/2023 14:46
Cando o adestrador titular do Liceo, Stanis García, solicitou a baixa por paternidade, Carlos Alonso, o seu preparador físico, que foi xogador, asumiu que lle ía tocar a el coller as rendas.
Os técnicos manteñen un contacto habitual. E mal non lles vai. Tres partidos, con dúas vitorias e un empate.
O prato forte chégalle ao equipo esta semana. Riazor acolle o sábado a ida dos cuartos de final da Champions diante do Palau, actual campión.
Carlos Alonso: "A Copa de Europa é o máximo a nivel deportivo. A motivación é máxima".
Para o Liceo feminino é unha cita histórica e négase a ser convidado de pedra.