Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ministro Albares asegura que os nove españois que viven en Siria están "en perfecto estado"

O ministro Albares asegura que os nove españois que viven en Siria están "en perfecto estado"

O titular de Exteriores aclarou que só un deles ten a intención de abandonar o territorio sirio

G24.gal 08/12/2024 21:02

O ministro de Asuntos Exteriores explicou que España apoia a paz e que quere "unha Siria pacífica e normalizada, que achegue estabilidade a Oriente Medio". Tamén indicou que "a situación agora é de tranquilidade" en Damasco, así como "no resto das cidades ocupadas polos grupos insurxentes".

José Manuel Albares aclarou que xa ten preparado o plan "de emerxencia" para sacar os españois que desexen saír de Siria en canto se abran  as fronteiras terrestres ou aéreas. Pero polo de agora, só unha persoa pediu a evacuación.

"En primeiro lugar, a prioridade nestes momentos é garantir a seguridade da colonia de españois, incluídas as persoas da nosa embaixada. É unha colonia relativamente pequena. Hai nove españois, cinco españolas casadas con sirios e catro cooperantes. Deles, un trasladounos o desexo de abandonar Siria coa evacuación que se poida realizar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos