Cargando resultados...
O Goberno tentará que Bruxelas dea marcha atrás no veto á pesca de fondo
O ministro Planas reúnese co sector pesqueiro en Burela
G24.gal
06/07/2022 20:39
Última actualización 06/07/2022 21:37
A frota da Mariña no Gran Sol é das grandes afectadas polo veto á pesca de fondo nas áreas vulnerables que pretende a Comisión.
Luis Planas asegurou en Burela que o Goberno traballa para tentar que o comisario Sinkevicus dea marcha atrás. O sector insiste en que Bruxelas non escoitou.
O ministro tamén se comprometeu a axilizar o acceso aos fondos europeos ante o incremento de custos, anunciou novas axudas e prometeu intervir para racionalizar todo o relativo ás titulacións.
Antes de ir a Burela, Luis Planas visitou en Lugo o Laboratorio de Saúde Vexetal, de referencia nacional na súa materia, para o que anunciou un investimento de máis de 300.000 euros.