Cargando resultados...
O Ourense C. F. estrélase contra o muro do Osasuna Promesas
Derrota no regreso do cadro ourensán ao Couto por un penalti marcado por Toni Herrero
G24.gal
01/09/2024 20:14
O Ourense Club de Fútbol perdeu no seu regreso ao Couto e na estrea como local na Primeira Federación. Un solitario gol de Toni Herrero de penalti cometido por Raúl Marqueta sobre Dani Sancho chegoulle ao cadro do Osasuna Promesas para levar os tres puntos.
Os de Rubén Domínguez estreláronse contra a defensa visitante, sobre todo no segundo tempo. O Ourense levou o peso do partido pero foi incapaz de transformar ningunha das ocasións que xerou.