Cargando resultados...
O patrulleiro Centinela intercepta dous buques rusos
O patrulleiro Centinela, con base en Ferrol, interceptou dous barcos da mariña de guerra rusa
Localizáronos no Mediterráneo Occidental e custodiounos para que non entrasen en augas españolas

G24.gal
08/03/2023 08:15
O patrulleiro Centinela, con base no Arsenal de Ferrol, interceptou dous barcos da mariña de guerra rusa: unha fragata e mais un buque cisterna que estaban navegando en augas do Mediterráneo Occidental.
O Estado Maior de Defensa informou de que o Centinela realiza o labor de seguimento e vixilancia das embarcacións, que foron interceptadas á altura das Baleares e escoltadas para evitar que entrasen en augas españolas.