Publicador de contidos

Publicador de contidos

O peixe e o marisco soben ata un 6 % nesta época do ano

O peixe e o marisco soben ata un 6 % nesta época do ano

Ameixas, berberechos, polbo e lura son os que máis soben

Parte do sector pide que se rebaixe o IVE do peixe

G24.gal 18/08/2023 16:06

O peixe e o marisco convertéronse case en artigos de luxo non aptos para todos os petos.

É normal que os prezos suban no verán, pero este ano tanto os peixeiros como clientes afirman que é desorbitado. Algúns produtos son prohibitivos. 

Ameixas, berberechos, luras e polbo son os que máis soben. Para reducir gastos os consumidores optan polo peixe azul. E moitos vense na obriga de reducir o consumo. 

Isto preocupa ao sector pesqueiro, que lle pide ao Goberno central que rebaixe o IVE do peixe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade