Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra quere seguir sendo o mataxigantes desta edición copeira

O Pontevedra quere seguir sendo o mataxigantes desta edición copeira

O Xetafe será o terceiro rival de Primeira que visite Pasarón (mércores, 19:30 horas)

G24.gal 14/01/2025 12:23

O Pontevedra quere seguir sendo o mataxigantes desta edición da Copa do Rei. Comezou derrotando o Levante (4-1), despois pasou o Vilarreal (1-0) e na anterior eliminatoria o Mallorca acabou coas orellas baixas diante dun cadro pontevedrés moi superior (3-0).

O Xetafe será o cuarto equipo profesional, o terceiro da máxima categoría, que visite o feudo dun Pontevedra coa moral polas nubes e sen ningún complexo pero consciente de que o adversario non se vai confiar porque está en xogo o pase a uns cuartos de final. 

Será o primeiro partido da historia do Pontevedra con vídeo arbitraxe (VAR), cun colexiado de Primeira División e un árbitro de VAR que é un vello coñecido da afección granate. Figueroa Vázquez estará detrás da pantalla, o mesmo árbitro que pitou o partido contra o Alcorcón da fase de ascenso de 2010 de infausto recordo para o Pontevedra que quedou eliminado por 3-0 e denunciou insultos do colexiado aos xogadores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade