Publicador de contidos

Publicador de contidos

Porriño e Guardés volven amosarse imparables na casa

Porriño e Guardés volven amosarse imparables na casa

As porriñesas derrotaron o Beti Onak por 21-18

Gran triunfo do Mecalia Guardés na Sangriña diante do poderoso Bera Bera 

Foto: @xoelgil
G24.gal 13/01/2024 22:24

No balonmán feminino, a xornada abriu con vitoria do Conservas Orbe Rubensa Porriño. O partido comezou igualado, pero con lixeiras vantaxes do Beti Onak grazas aos goles de María Grasielly Brasil Pereira, que acabaría con sete goles.  

O equipo galego adiantouse por primeira vez diante preto do descanso, co 11 a 10 que marcaba Maider Barros. Comezaba aí un parcial de 4-0 que lles deu a iniciativa ás porriñesas, e estas xa non cederon. O 21 a 18 final, con catro tantos de Barros e 4 de Carolina Bono, deixa o Porriño con 18 puntos.

O Mecalia Guardés tamén gañou nesta xornada e volve colocarse de quinto igualado co Porriño. A das guardesas foi a cuarta vitoria consecutiva, e diante dun dos grandes da categoría como é o Bera Bera.

Un partido trepidante na Sangriña, que racharon as locais cun parcial de 6-1 mediada a primeira metade. Aínda así, as vascar reaccionaron, e mantiveron o resultado apertado ata o 31 a 28 final. África Sempere e Itziar Martínez comandaron a anotación con cadanseus 6 goles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade