Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Porriño golpea primeiro na ida das semifinais ligueiras

O Porriño golpea primeiro na ida das semifinais ligueiras

As porriñesas aseguran a prórroga en caso de derrota na volta logo de gañar no último segundo diante do Elxe

G24.gal 04/05/2024 20:37

Gran nova para o balonmán feminino galego. O Porriño venceu esta tarde ante o Elxe no primeiro partido da semifinal polo título de liga por 27 goles a 26, nun choque que se decidiu nuns emocionantísimos últimos segundos.

As visitantes empataron a falta de medio minuto para o final, cun gol de Zaira Benítez. Pero o Porriño foi quen de acertar no último segundo. Paulina Buforn foi a autora do gol que desatou a euforia no Pavillón Municipal. As porriñesas terán que devolver a visita ao seu rival, pero en caso de derrota, unha prórroga decidirá o finalista da competición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade