O PPdeG pon o seu toque de humor ás badaladas de fin de ano
A través dun vídeo estreado este martes nas redes sociais do partido, os populares galegos botan man de tres dos seus rostros máis televisivos: Ana Vázquez, Raúl Santamaría e Avelino Souto
No vídeo os espectadores atoparanse aos tres políticos aproveitando os momentos previos ás badaladas para emular un concurso televisivo no que Ana Vázquez é a encargada de descifrar palabras a través das pistas que lle van ofrecendo os seus compañeiros

O Partido Popular de Galicia estréase dando por primeira vez na súa historia as tradicionais badaladas de fin de ano, as súas particulares ‘camPPanadas’, e desexando un feliz 2025, cun toque de humor e con Ana Vázquez, Raúl Santamaría e Avelino Souto como protagonistas.
A través dun vídeo estreado este martes nas redes sociais do partido, os populares galegos botan man de tres dos seus rostros máis televisivos: o deputado autonómico e exconcursante de ‘Reacción en cadena’, Raúl Santamaría; a deputada nacional e colaboradora en ‘Todo es mentira’, Ana Vázquez, e o coordinador de Medio Rural do partido, Avelino Souto, quen ao longo deste ano se fixo cada vez máis coñecido polas súas intervencións ‘estelares’ nos plenos municipais de Lalín.
A que se liou durante a publicidade das nosas primeiras #camPPanadas! 🤦🏻♂️ FELIZ 2025! 🎉
— PP de Galicia (@ppdegalicia) December 31, 2024
🔔 @anadebande
🔔 @SantamariaGRaul
🔔 @souto_avelino pic.twitter.com/acNf28Zaz0
Uns protagonistas que representan á súa vez as mulleres e a mocidade galegas: dous sectores da sociedade que, entenden, foron claves na vitoria electoral do PPdeG o pasado 18 de febreiro apoiando maioritariamente a Alfonso Rueda.
No vídeo os espectadores atoparanse aos tres políticos aproveitando os momentos previos ás badaladas para emular un concurso televisivo no que Ana Vázquez é a encargada de descifrar palabras a través das pistas que lle van ofrecendo os seus compañeiros. Unha dinámica na que saen a relucir temas que marcaron o ano 2024.
Finalmente, cun escenario tan emblemático como a praza do Obradoiro de fondo, chega o momento da conta atrás e os protagonistas retransmiten as ‘camPPanadas’, cumprindo coa tradición das 12 uvas e desexando un feliz ano 2025 a todos os galegos e galegas, á vez que dedican varias das badaladas aos presidentes Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo, a Galicia ou a España, entre outros.