Publicador de contidos

Publicador de contidos

A electricidade triplica o que custaba hai un ano, malia as medidas adoptadas

A electricidade triplica o que custaba hai un ano, malia as medidas adoptadas

A excepción ibérica conseguiu atenuar o incremento dos prezos. Francia, Alemaña ou Italia dobran o custo de España

G24.gal 26/08/2022 13:36

Sobe o consumo do gas, dispara o seu prezo e iso arrastra tamén o prezo da electricidade. Hoxe págase a 318 euros o megawatt hora, 93 euros máis do que se pagaba cando se empezou a aplicar a excepción ibérica. 

As perspectivas non son boas. Varios ministros xa anunciaron nesta semana que estamos ante un inverno moi duro pola crise enerxética.

E corrobórano en Europa. Macron pinta tamén un panorama enerxético moi complicado. O elevado prezo do gas está encarecendo a pasos axigantados o da electricidade.

O corte da subministración, en principio temporal, do gasoduto que une Rusia e Alemaña xunto ao freo na produción de renovables, son circunstancias que están detrás da suba do prezo do gas e por tanto da electricidade.

Hai expertos que din que mesmo o peor está por chegar. E ao final quen máis sofre é o peto das familias e as industrias.

Con todo, en España a excepción ibérica frea algo a suba da luz, sobre un 17 %. Pero xa a pagamos algo máis do corenta por cento do que custaba cando se empezou a aplicar esta medida. Sen este mecanismo, Francia, Alemaña ou Italia dobran o prezo de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar