Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG di sobre os concelleiros de Santiago que se se incumpren as normas, hai que actuar

O PSdeG di sobre os concelleiros de Santiago que se se incumpren as normas, hai que actuar

A vicesecretaria xeral do PSdeG, Lara Méndez, sinala que hai que actuar ante a situación dos catro concelleiros de Santiago expulsados provisionalmente polo seu enfrontamento coa dirección local

G24.gal 27/01/2025 13:54

A vicesecretaria xeral do PSdeG, Lara Méndez, sinala que hai que actuar ante a situación dos catro concelleiros de Santiago expulsados provisionalmente polo seu enfrontamento coa dirección local. Agarda tamén que Ferraz resolva o expediente do exdeputado Martín Seco.

Méndez asegura respectar todas as opinións sobre a expulsión provisional dos catro concelleiros. Entre elas, a do exalcalde José Ramón Bugallo, que se referiu ao expediente sancionador como algo leninista e non socialista. Lara Méndez engade que é momento de actuar e respectar os mecanismos do partido.

A decisión afecta o voceiro do grupo no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, e as edís Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez. Os catro rexeitaron deixar o cargo, como lles pediu o partido socialista, que propón como novo voceiro a Gumersindo Guinarte. Lara Méndez tamén se referiu ao expediente de Martín Seco e agarda que Ferraz remate a tramitación.

Seco solicitou ás direccións do PSdeG e do PSOE o arquivo do expediente disciplinario que lle abriron en novembro de 2022. No programa Bos días desta casa, Seco emprazou a dirección socialista a reflexionar sobre os distintos conflitos internos da formación. O expediente sancionador a Martín Seco abríuselle por considerar que expresara a súa opinión en sede parlamentaria en termos irrresponsables e con deslealdadade ao partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade