Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE acusa a galega Marta González (PP) de filtrar datos persoais de Pedro Sánchez

O PSOE acusa a galega Marta González (PP) de filtrar datos persoais de Pedro Sánchez

Os socialistas reclámanlle a súa dimisión

G24.gal 17/12/2024 21:23

O PSOE esixiu a dimisión da vicepresidenta cuarta do Congreso, a deputada do PP pola Coruña Marta González, á que acusa de filtrar un documento con datos persoais do presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Ese documento foi publicado despois en redes sociais por outro deputado do Grupo Popular, Rafael Hernando.

A queixa formulouna en conferencia de prensa o voceiro do Grupo Socialista, Patxi López, acusando "un coñecido deputado" de publicar nas redes sociais unha foto da petición de Sánchez para acollerse este xoves ao voto telemático no Congreso, imaxe en que se podían ver datos persoais do presidente como o seu DNI.

López non identificou entón o deputado, remarcando que ao final retirara o chío coa fotografía, pero horas despois o PSOE si mencionou a Hernando como autor da mensaxe e dirixiu as súas críticas contra a compostelá Marta González, á que acusa de filtrar ese documento.

"A fotografía publicada por Hernando demostra que o documento lle foi facilitado por González, quen tivo acceso ao mesmo como membro da Mesa do Congreso", detallan nun comunicado.

Ao seu xuízo, tanto Rafael Hernando como Marta González "incumpriron ademais con claridade o deber de confidencialidade que establece a Lei de Protección de Datos Persoais e Garantía de Dereitos Dixitais".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade