O PSOE apela ao PP a renovar co máximo consenso a lei contra a violencia de xénero
A secretaria de Igualdade dos socialistas insinúa que hai que illar as posicións da ultradereita neste tema
O PSOE conmemorou este sábado o vixésimo aniversario da aprobación da lei integral contra a violencia de xénero. Despois do visto e prace no Congreso, tal día como hoxe de hai 20 anos, o 28 de decembro de 2004, publicábase o texto da lei no Boletín Oficial do Estado.
Esta lexislación pioneira fora impulsada polo goberno de Rodríguez Zapatero cun amplo consenso político. Ese consenso pretenden repetilo agora os socialistas para a renovación da lei e con esa finalidade apelan ao Partido Popular, aínda que sexa dun xeito implícito.
"E agora máis ca nunca esa necesidade de acordo e de consenso tense que materializar nos próximos meses de 2025 para renovar o pacto de Estado contra a violencia de xénero. Apelo á responsabilidade de todos os partidos, especialmente dos partidos que queren representar a maioría, para que non sexan tragados pola ultradereita", sinalaba Pilar Bernabé, secretario de Igualdade do PSOE.